jueves, 7 de marzo de 2013

10 VIÑOS GALEGOS QUE NON SUPERAN OS 10 EUROS

Atendendo á petición da miña amiga Ángela, elaborei unha lista con dez viños galegos ben sabedores, doados de atopar e cun prezo que nos supera os 10 euros. 

A lista é tan reducida que casi da mágoa facela. Tendo en conta que dentro do maremagnum de viños galegos moitos deles responden a estas características, resulta moi difícil decantarse só por dez. Finalmente, tras darlle moitas voltas, escollín estes dez coñecidos viños que eu aprezo moito e que, en xeral, dan boa conta do que se está a cocer no efervescente mundo do viño galego.

D.O. Monterrei.
Treixadura, Godello.
PVP: 9€

"Treixadura macerada con neve carbónica a 10ºC durante 8 horas e Godello traballado sobre lías".

D.O. Rías Baixas
Albariño, Treixadura, Condado Blanco e Godello.
PVP: 5€

"Mellor viño branco de Galicia 2011" da XXII Cata do Viños de Galicia e Medalla de Ouro no Concours Mondial Bruxelles 2012, entre outros moitos premios. As adegas Coto Redondo tamén teñen un delicioso Señorío de Rubiós Albariño 2011 a 8€, 100% albariño. 



         
SEGREL
D.O. Rías Baixas.
Albariño 100%
PVP: 7€

"Froito da mestura de mosto de primeira sen macerar, de mostro de primeira macerado, e unha pequena porcentaxe de mosto flor macerado".  

   
       
MARÍA ANDREA 2010 (Adega Eduardo Peña)
D.O. Ribeiro
Treixadura, Loureira, Albariño.
PVP: 10€

María Andrea é un dos meus ribeiros preferidos. Todo nesa ladeira que mira ao encoro de Castrelo de Miño é perfecto. O viñedo, a adega e os viños Eduardo Peña son tan espectaculares que merecen unha entreda especial neste blog.




CUÑAS DAVÍA 2011

D.O. Ribeiro
Treixadura, Albariño, Godello, Lado.
PVP: 10€

A historia da adega e o viñedo está estreitamente vinculada ao Mosterio de San Clodio, a cuxo dominio pertenceu na súa orixe, fai maís de 800 anos. Renovación de imaxe moi favorecedora.




A COROA 
D.O. Valdeorras
Godello 100%
PVP: 9€

A Coroa é unha das adegas máis antigas de Galicia. Renovada no 2002, practica unha viticultura racional e moderna aproveitando a personalidade da variedade godello.  




 
CREGO E MONAGUILLO 2011
D.O. Monterrei.
Mencía, Araúxa, Bastardo.
PVP: 8€

"Boca envolvente, glicérica y aterciopelada, de estructura media, taninos dulces. Goloso y fácil de beber, retronasal de frutas y especias, buena persistencia" (Nota de cata da adega).



CASA MOREIRAS
D.O. Ribeira Sacra
Mencía, Tempranillo, Sousón.
PVP: 6€

"CASA MOREIRAS data de 1692. Foi fundada por Don Pedro R. Moreiras de Buján e remodelada por Don Manuel Vázquez Rodríguez a finais do Século XX. Recuperacion de variedades autóctonas para a elaboración de viños de calidade, principalmente a variedade Mencia e Godello. Viñedos propios situados en Pantón, Ribera do Miño e Amandi".


D.O. Valdeorras
Mencía 100%
PVP: 5.50€

Ladeiras imposíbeis ao longo das 40 hectáreas de viñedo propio entre Valdeorras, Fontei, Trasdeirelas, Pedrazáis, A Veiguiña, San Roque e Freixido. A combinación de chans pizarrosos, graníticos e areosos fan posible este popular mencía. Tamén elaboran un delicioso branco de 6€, 100% godello.


 
D.O. Valdeorras
Mencía 100%
Mencía 100% con crianza de 6 meses en barrica.
PVP: 6-7€

Casi 30.000 botellas de mencía comercializadas como viño xove e 9.000 como crianza en barrica (Oro).
 



Os prezos foron sacados da "Guía de Vinos, Destilados y bodegas de Galicia 2013". A maioría deste viños conseguiron a Distinción Gallaecia 2012 ou algunha das medallas da Guía de Viños antes mencionada.

Quedaron moitos viños que me gustan fóra da lista e hai moitos que teñen moi boa pinta pero que aínda non probei. Por este motivo, en breve, haberá unha segunda edición da lista de 10 viños galegos sabedores, de menos de 10 euros e doados de atopar. 

Agradécense suxerencias.

2 comentarios: